Benvidas e Benvidos!

O 25 de Febreiro os seguintes concellos da Costa da Morte : Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Coristanco, Laxe, Santa Comba, Val do Dubra, Vimianzo e Zas, creamos esta plataforma virtual para informar á cidadanía sobre os Bancos de Tempo e o seu funcionamento en cada un destes municipios.


Os Bancos de Tempo Municipais son un servizo que a Consellería de Traballo está a por en marcha e polo tanto descoñecidos para a maioría da poboación na nosa comunidade.


Este espazo foi creado co fin de informar sobre o servizo e achegalo á veciñanza e tamén como unha ferramenta de participación cidadá, posto que as persoas que o desexen poden insertar comentarios ou suxerencias ós nosos artigos.


O noso agradecemento pola túa participación e agardamos que este espazo sexa do teu agrado.


Aquí descubrirás outra maneira de investir o teu tempo !!