HISTORIA DOS BANCOS DE TEMPO


  • O país de referencia en canto a intercambios de tempo é Italia, no ano 1992 o sindicato de pensionistas de Parma puxo en práctica o intercambio de tempo para resolver problemas da vida diaria. Actualmente contan cuns 300 Bancos de Tempo.

  • Desde os anos 80 en EEUU desenrólanse os chamados “Time Dollar”, nos cales unha hora dun servizo equivale a un dólar de tempo, este mesmo sistema derivou nos Time Bank do Reino Unido.

  • En Portugal a Asociación GRAAL e en unión transnacional con Barcelona, traballouse tamén nesta idea, actualmente contan con seis Bancos de Tempo funcionando e na preparación doutros dez.

  • Na actualidade países como Arxentina, por mor da súa crise económica, tamén se fixeron eco desta idea e acadou gran importancia este sistema de intercambio.

  • En España, Cataluña é unha comunidade pioneira, a primeira experiencia deste tipo puxérona en práctica no 1998 o Concello de Barcelona e a Asociación Salud y Familia.

  • En Barcelona tamén existen outros tipos de intercambios de coñecementos e servizos, como por exemplo: el Punto de Intercambio Sagrada Familia, El Banco Solidario de Les Corts, El Banco de Intercambio de servicios de la Izquierda del Ensanche, etc

  • No resto de España dende 1993, surxiron iniciativas de intercambio, promovidas por grupos alternativos en Madrid, Vitoria, Bilbao, Tenerife, Ávila, Logroño etc.

  • En Galicia existen moitos Bancos de Tempo, entre eles o de Vigo, Allariz, Valladares, Ourense, Ferrol e dentro da provincia da Coruña uns 45 concellos están traballando actualmente na posta en marcha dos seus bancos de tempo ben sexan municipais ou de cidade.

  • Algúns deles como o de Vigo tamén conta cunha plataforma virtual para comunicarse coas persoas que desexen informarse ou participar deste servizo.