Blog dos Bancos de Tempo da Costa da Morte

Coñece que son os Bancos de Tempo e que poden facer por ti!

Febrero, 2009

 

O Banco de Tempo do Concello de Zas


O Concello de Zas conta cun Banco de Tempo dende o pasado mes de novembro. Nestes meses, a miña principal labor como persoa responsable da medida foi elaborar a normativa e documentos axeitados para o bo funcionamento do Banco así como deseñar a publicidade necesaria para poder dalo a coñecer.

Con este traballo practicamente rematado, nas últimas semanas puden empezar a informar ós veciños do Concello en que consiste este novo servizo. Para elo, puxenme en contacto coas diferentes asociacións da zona mediante carta, enviei trípticos por todalas casas e colguei carteis publicitarios por distintos edificios públicos. Coido que esta é unha boa forma de que á xente polo menos lle vaia sonando "eso dos bancos de tempo" e se vaia familiarizando ca medida.

Proximamente acudirei os cursos que se están a impartir en Baio e Zas, intentarei reunirme con algunhas asociacións e farei presentacións polas distintas parroquias do Concello, intentando así chegar ó máximo número de xente posible para que este proxecto non lle sexa descoñecido a case nadie.

Aquí vos deixo o tríptico do Banco de Tempo do noso Concello:






 
 
 

Obradoiro de Cociña do Banco de Tempo do Concello de Vimianzo

Dende o equipo de xestión do Banco de Tempo xorde a necesidade de dar un paso máis no seu plan de actuación, unha nova forma de darlle un impulso ó proxecto para espertar máis a curiosidade entre a veciñanza do concello.


Entón decidimos poñer en marcha un peculiar obradoiro no que as persoas que participasen estarían funcionando ca metodoloxía dos bancos de tempo sen darse conta, é dicir, unha vivencia de banco de tempo. Agora solo restaba saber de que sería mellor facer este obradoiro, algo que de verdade necesitasemos e que todos puidesemos participar por igual.


Pensamos que a cociña seria un bo tema, xa que podería chamar a atención das diferentes idades, a xente nova acudiría para aprender e a xente de mediana idade para ensinar, sería unha boa forma de levar a cabo un intercambio interxeracional .


¿En qué consiste este Obradoiro?

Este taller é diferente a todos os que estamos acostumados a realizar, xa que non vai estar impartido por un especialista na materia senón que se trata dun intercambio de coñecementos entre os participantes, dos cales as súas artes culinarias parten do día a día, é dicir, todos pasaremos polo dous roles: o de alumno e o de docente.


Polo cal tódolos asistentes deberán formar parte activa do obradoiro ofrecendo a elaboración dunha receita culinaria da súa colleita e a cambio recibiran a ensinanza das receitas dos demais participantes. Aquelas persoas que non teñan coñecementos de cociña e queira participar no obradoiro poderán aportar outro tipo de colaboración no mesmo, que será indicada pola axente de tempo (pinche, fotografía, pasar as receitas a ordenador, etc.).


O Taller de Cociña realizarase os días 11, 18 e 25 de Febreiro e 4, 11, 18 e 25 de Marzo as 20:15 no Salón Parroquial de Castromil (Salto) e será GRATUÍTO. O remate da xornada degustaranse os pratos elaborados.





Actualmente o número de asistentes é de 32, é son todos moi participativos e xa se están observando os primeiros nexos de amizade entre os usuarios que era unha das misións que se pretendía acadar con este orixinal obradoiro. Así mesmo, non tiveron ningún problema no reparto das tarefas para que no taller non faltase de nada.


Nesta foto podemos ver os usuarios e as usuarias do Banco de Tempo que están a participar no Obradoiro de Cociña.

Tamén cabe destacar que os menús que a xente foi achegando son moi variados e dan pé a elaboración dun receitario con pratos típicos da zona. Ordenados cronoloxicamente os menús que se poderán degustar son os seguintes:


11/02/2009: Crema de Cabaza
Luras na súa salsa
Flan de café
Os tres pratos do primeiro día do obradoiro

Efectuando o pago das horas recibidas cos cheques

18/02/2009: Filloas

Bolos do Pote
Orellas
Os tres pratos do día adicado ó antroido

25/02/2009: Bacallao ó pil-pil
Paella
Chulas
Fotos dos tres pratos

04/03/2009: Pizza de atún
Carne asada
Galletas de nata
Foto do tres pratos
Equipo de cociña de Tufións encardo da elaboración das receitas dese día: Magdalena, Mª Cruz, Pilar, Carlota e María

A super pizza de atun


11/03/2009: Polo con setas

Pescada en salsa verde
Crema de iogur
Torta de chocolate con noces
As tres cociñeiras: Estrella, Bielca e Lore

Os tres pratos

18/03/2009: Filetes de Rosada a cazola


Raxo con champiñóns


Torta de Améndoas

Os tres pratos xuntos




Duas cociñeiras: Sara e Mª Carmen

E a outra cociñeira: Teresa

Manolo cortando o pan

25/03/2009: Quitché de allo porro


Rabillo de tenreira


Pastas de té





Nesta foto vemos a algunhas das participantes do obradorio atendendo as explicacións da elaboración das pastas de té


O último día sentámonos a mesa para celebrar o éxito desta actividade

Esperamos que este Obradoiro sexa o principio de moitas outras actividades que se podan levar a cabo dende o Banco de Tempo e chamamos a tódolos veciños e veciñas a participar deste gran proxecto.

Tódalas persoas interesadas poden acudir o concello para poñerse en contacto coa axente de tempo Laura Castiñeira Vilariño ou no número de telefóno 981 716 001 ou tamén no enderezo de electrónico bancodotempo_vimianzo@hotmail.es


 
 
 

O BANCO DE TEMPO DE CAMARIÑAS

Dende o mes de setembro no Concello de Camariñas estamos a traballar no deseño e posta en marcha do Banco de Tempo (financiado pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo) e que ten como finalidade que todas aquelas persoas maiores de idade e con domicilio no Concello de Camariñas participen no Banco para promover intercambios de servizos e fomentar así a conciliación da vida laboral e familiar ademáis dos valores de cooperación e comunicación entre as persoas.

Ata o de agora realizouse a normativa e réxime interno ademáis de todos os protocolos que rexirán o funcionamento do Banco. Entre os seus documentos inclúese unha ficha de servizo onde se describirán todas as súas características e condicións e que permitirán un mellor desenvolvemento do mesmo. Esta documentación será aprobada en pleno en próximas datas.

A presentación do Banco de Tempo de Camariñas está a realizarse nas asambleas das asociacións do Concello. Os primeiros contactos tiveron lugar coa asociación de “Mulleres de Camariñas pola Igualdade”, e a asociación “Vico da Forca” de Ponte do Porto. Ambos encontros contaron cunha gran acollida e interese por parte dos máis de 75 asistentes. Tamén tiveron lugar reunións na parroquia de Xaviña o sábado 7 de febreiro coa asociación “Abrindo rejo”. Por outra banda o proxecto tivo tamén unha gran acollida entre as persoas participantes nas actividades municipais pola igualdade e a conciliación como é o Curso de Cociña para Homes.

Para máis información e ante calquera dúbida:

· Teléfono: 981 737 004

· Horario: de luns a venres de 08:00h a 15:00h

· Persoa de contacto: Irene Espasandín Bermúdez

Déixovos aquí unhas fotos do que se está a facer dendo o Banco de Tempo do Concello de Camariñas

 
 
 

Presentación Oficial do Banco de Tempo de Carballo

O venres 20 de Febreiro foi presentado, de xeito oficial,O Banco de Tempo do Concello de Carballo.
A este acto acudiron o Alcade do Concello, Evencio Ferrero, representantes da Asociación Mulleralia e a Técnico encargada da coordinación do servizo, Sandra Reimúndez.
No caso de Carballo, o Concello actúa como promotor desta medida, mentres que a Asociación Mulleralia se encarga da xestión; posto que existe un Convenio de Colaboración e Cooperación asinado entre ambas entidades.

As oficinas deste Banco de Tempo están situadas no primeiro andar do edificio do Antigo ambulatorio, e o horario de atención ó público é de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas. O contacto con este servizo poderá facerse de dous xeitos: ben por mail no enderezo bancodotempo.carballo@hotmail.com ou ben a través do teléfono 622 566 228 .
No vindeiro mes está previsto o inicio de actividades de intercambio grupal, coa colaboración de Asociacións da zona.

Dende o Banco de Tempo de Carballo queremos animar a toda a poboación do concello a participar nesta iniciativa, posto que todos temos algo de ofrecer ou demandar.

 
 
 

Unha breve presentación


Chamome Sonia Ramos Lema e son a axente de tempo do Concello de Zas. Nesta sección intentarei ir poñendo toda a información e novidades relacionadas co Banco de Tempo do noso Concello.

Conto con que esta sexa unha maneira útil de darvos a coñecer de que se trata este servizo e animovos a comentar ou plantexar as dudas que vos surxan, xa que tamén me axudarán a min a optimizar o traballo. So dicirvos que me tedes a vosa disposición e que podedes contactarme vía mail: bancodetempo@zas.dicoruna.es ou chamando ó teléfono do Concello: 981 708 303.

E para acabar de presentarme, aquí vos colgo unha foto: ahí estou eu no despacho do Banco de Tempo do Concello de Zas, o cal espero que algúns de vos acabedes visitando.


Espero que este espazo sexa do voso agrado.

Sen máis, un saudo.

SONIA




 
 
 

Os inicios do Banco de Tempo do Concello de Vimianzo

O Banco de Tempo do Concello de Vimianzo comezou a súa andaina o pasado mes de setembro da man da súa axente de tempo, Laura Castiñeira Vilariño, coordinada polo Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello.


Nun primeiro momento procedeuse a elaboración dunha serie de documentos iniciais, como son as normas de obrigado cumprimento e outros protocolos necesarios para que non haxa ningún problema a hora de que o Banco de Tempo funcione axeitadamente.


Despois da elaboración destes documentos pasouse a unha nova fase deste proxecto que consistiu en dar a coñecer a medida a toda a cidadanía do Concello, para realizouse un diagnóstico previo das necesidades que se observaban entre os veciños e as veciñas do municipio.


Este estudio extendiuse por varios ámbitos, como eran os distintos estratos sociais, as estatísticas da poboación, os servizos do Concello, as asociacións ou a economía entre outros. A partires do cal creouse un plan de divulgación e actuación para que esta medida chegase a tódolos recunchos do Concello.


Entón, unha vez decidido como se vai encamiñar o proxecto dos Bancos de Tempo no Concello de Vimianzo, deseñouse unha boa estratexia de publicidade para espertar a curiosidade ante esta novedosa e descoñecida medida por parte do maior número de persoas posibles.


Unha das ferramentas empregadas para dar a coñecer o Banco de Tempo foron os dípticos elaborados pola propia axente de tempo, nos que se recolle información moi detallada e de forma sinxela sobre todo o que é necesario para o seu entendemento.





Outra forma de achegarse a poboación foi mediante a realización de diversas charlas polos distintos núcleos de poboación do Concello, para a maior facilidade de realización destas presentacións a axente tempo, fixo unha labor de actualización das asociacións do Concello, de tal xeito que a maioría delas lle brindaron a posibilidade de facer presentacións ante os seus socios.


Así mesmo no Concello de Vimianzo lévanse a cabo un gran número de actividades para nenos, nenas e maiores as cales tamén foron visitadas pola axente de tempo para presentarlles este proxecto, así o número de persoas que coñecen a medida vai medrando día a día.


 
 
Página 1 de 1. Total : 6 Artículos.