Blog dos Bancos de Tempo da Costa da Morte

Coñece que son os Bancos de Tempo e que poden facer por ti!

Junio, 2009

 

Último día do Taller de Artesanía Textil


Nota de Prensa: Remata o Obradoiro de Artesanía Téxtil


Onte, luns 22 de Xuño, remataron as actividades do Taller de Artesanía Téxtil que estaba a levar a cabo o Banco de Tempo do Concello de Vimianzo. As actividades desenvolvéronse en horario de tarde durante 5 semanas no Edificio de Servicios Múltiples de “A Torre”.


A modo de recordatorio decir que este Obradoiro foi impartido polas propias usuarias do Banco que debían horas e ofrecéronse, cada unha delas, a transmitir os seus coñecementos nunha materia relacionada co eido do téxtil. E xuntándoas todas obtivemos un conxunto de actividades bastante interesante e que chamaría a atención de novas usuarias. Como podemos observar estamos seguindo en todo momento a metodoloxía de funcionamento dos Bancos de Tempo, dar e recibir.


Se facemos un baremo a modo de resume decir que a participación foi boa, ó igual cas demais actividades que se fixeron, houbo un total de 21 persoas sen contar as 5 maestras. Algunhas das participantes xa viñeran a outras actividades pero tamen houbo novas adhesións. Facer mención o número de horas intercambiadas, que foi de 45 hrs., sendo este taller a actividade na que máis horas se intercambiaron.

A continuación vexamos as fotos dos últimos días:


VAINICA E CALCETA
Nesta foto vemos as últimas leccións de Flora as súas alumnas de vainica

PUNTO DE CRUZ
Vemos a Charo a mestra de punto de cruz axudando a facer un mantel que empezou a filla dunha das usuarias.


MOSTRAS
Estas catro fotos recollen mostras feitas polas usuarias de Vainica, calceta e punto de cruz

GANCHILLO

Nestas duas fotos vemos a Manuela ensinando os seus traballos feitos en ganchillo para dar ideas as suas alumnas do útil que pode ser.

COSTURA
Nestas fotos vemos a Paquita a mestra de costura cas súas alumnas dandolle tamen as última nocións.

PALILLO
Nestas fotos vemos a Lourdes a mestra de palillo coa súa única alumna Carlota, podemos decir que o palillo foi mas ben un intercambio individual.

E así remata o Taller de Artesanía Textil con ganas de que se que se volva a repetir tanto por parte das alumnas como das mestras e por suposto por parte da axente de tempo.



Agradecer a tódolas participantes, alumnas e mestras, pola súa colaboración e as ganas que lle puxeron a compartir os seus coñecementos.






 
 
 

O BANCO DE TEMPO DE CABANA PECHA AS SÚAS PORTAS

Fai nove meses naceu este proxecto e deste mesmo xeito, entre incógnitas, cun sentimento que ben se podería definir entre curiosidade e descoñecemento.


Os Bancos de Tempo que teñen o seu “berce”en Italia e cunha comunidade de referencia en España como é Cataluña, onde son xestionados por asociacións e fundacións e funcionan un importante número de Bancos de Tempo.


Así, neste “caldo de cultivo”, puxéronse en marcha 43 Bancos de Tempo na provincia da Coruña, un deles en Cabana de Bergantiños.


Un servizo que ben podería definirse como:


  • Participación
  • Integración
  • Cooperación
  • Confianza
  • Aprendizaxe
  • Axuda mútua
  • Conciliación da vida familiar, laboral e persoal
  • Solidariedade
  • Autoorganización
  • Reciprocidade
  • Creación de vínculos


E tamén con outros conceptos tan repetidos nestes últimos meses como: Tempo, Hora, Intercambio, Oferta, Demanda, Debe, Haber, Capital, Cheque, Servizo…


Pois ben, despois de nove meses o resultado en Cabana foi o seguinte, 7 persoas formaron un Banco de Tempo participando nun total de 23 Intercambios; dos que 18 foron Intercambios de tipo Grupal e 5 de tipo Individual.


Esta diferenza, débese a que nos intercambios grupais as persoas participan máis e están máis motivadas, este tipo de intercambios xurdiu como unha alternativa para pór en marcha o Banco de Tempo e resultou unha alternativa moi positiva, porque as persoas participantes disfrutaron moito das actividades en conxunto.


Pese ó reducido número de participantes, todas e todos compartían o desexo de empregar algunhas horas do seu tempo nos intercambios e víronse reflexados en maior ou menor medida, os conceptos que foron sinalados anteriormente e que conforman un Banco de Tempo e os valores que debemos espertar e aprender participando nel.


Como Axente do Banco de Tempo desexo expresalo meu agradecemento ás persoas que participaron no Banco de Tempo, disfrutaron con esta experiencia e descubriron novos valores e aprendizaxes.


Cabana de Bergantiños 19 de Xuño de 2009


María Vanessa Andrade Lema

Axente do Banco de Tempo de Cabana

 
 
 

PRIMEIRA SESION ADICADA OS COIDADOS DA PEL

O Banco de Tempo de Carballo ven de realizar a primeira sesión do Obradoiro de Coidados da Pel e Maquillaxe.
Neste primeiro día as participantes aprenderon técnicas de coidado da pel e prevención das engurras.

Posteriormente fixeron unha limpeza de cute con leite limpadora, aplicaron tónico na pel da cara e pescozo e por último aplicáronse mascarillas. Unhas atrevéronse cas de barro e outras cas antiestrés e o coláxeno.

A verdade é que resultou un éxito; polo que lle demandaron algun intercambio individual, á usuaria que impartiu o obradoiro.

Na próxima sesión aprenderán a usar diversas técnicas de maquillaxe: o máis discreto para o día a día, máis sofisticado para saír de noite e tamén se atreverán co maquillaxe artístico para o entroido.


 
 
 

1º INTERCAMBIO INDIVIDUAL NO BANCO DE TEMPO DE ZAS



O pasado venres tivo lugar o primeiro intercambio individual no Banco de Tempo de Zas. Aquilino e Miguel foron os protagonistas. O primeiro demandaba intercambiar coñecementos de como se coida unha horta ou xardín e ó segundo encantalle todo o relacionado con este tema, ambos se coñeceron no curso de masaxes impartido polo noso banco, así que se puxeron de acordo en quedar un día para intercambiar coñecementos.


E así o fixeron, na tarde do venres, antes de acudir ó curso, reunironse unha hora e estuveron falando e explicando a forma de facer de cada un, ata se moveron ata unha horta para que a explicación fose máis axeitada.


Os dous quedaron contentos do intercambio e notase que, grazas á sua asistencia regular ó curso de masaxes, xa se forxaron lazos de confianza entre eles.



 
 
 

REIKI, 5º TALLER DO CURSO DE MASAXES DO BDT DE ZAS


A semana pasada tivo lugar o 5º taller do curso de masaxes que Isabel, unha das usuarias do noso Banco de Tempo, está a impartir en Zas. Dito taller estivo dedicado ó reiki: unha terapia enerxética que se fai mediante imposición de mans tocando suavemente ó corpo.



Como no resto dos talleres, o nivel de asistencia foi alto, pero todos puderon pasar pola camilla tanto para poñer en práctica as explicacións de Isabel como para recibir este masaxe por parte dos compañeiros.



Este iba a ser o último taller deste singular curso de masaxes, pero debido ó interese mostrado polos participantes, decidimos alongalo 2 días máis. Polo tanto, os próximos venres 19 e 26 de xuño faremos un repaso do visto ata o de agora e os asistentes poderán poñer en práctica todo o aprendido mediante a realización de masaxes integrais.


 
 
 

OBRADOIRO DE COIDADOS DA PEL E MAQUILLAXE



O mércores 10 de xuño, ás 10:30 h terá lugar a primeira sesión do Obradoiro de Coidados da pel e Maquillaxe, organizado polo Banco de Tempo de Carballo.

Unha usuaria deste servizo será a encargada de impartir as sesións teórico-prácticas nas que as participantes aplicarán os seus coñecementos .

Explicaranse os motivos da aparición das temidas engurras na pel da cara e do pescozo; e ensinaranse métodos de prevención.

As técnicas de maquillaxe terán un oco neste obradoiro, no que tamén se tratará detidamente a limpeza de cute.

A asistencia será gratuita e poderán participar todas aquelas persoas interadas, que formen parte do Banco Municipal de Tempo carballés.




 
 
 

Continua o Obradoiro de Artesanía Téxtil


Grandes avances na aprendizaxe das alumnas do Taller de Artesanía Téxtil


Pouco a pouco van avanzando as xornadas do Obradoiro de Artesanía Téxtil do Banco de Tempo de Vimianzo, para ir achegándonos ó remate do mesmo, para desgusto das participantes.


Como novidades destacar que tódalas alumnas fixeron uns progresos excelentes e xa teñen un dominio total de cada unha das actividades ou actividade que escolleron. No que respecta as mestras tamén están moi contentas coas súas alumnas xa que prestan moita atención e teñen un gran entusiasmo por aprender e progresar.


No que respecta a vainica xa impartiron as ensinanzas dos puntos básicos e despois dos progresos acadados comezaron con puntos máis complexos. No caso da calceta ocorreu o mesmo.



Aqui vemos a mestra de vainica ensinando as súas alumnas os novos puntos que elas mesmas lle pediron.


Nesta outra imaxe temos o grupo de vainica e calceta traballando na súa labor e tamen podemos ver a mestra de punto de cruz que se uniu a estas actividades.

Outra das actividades, o ganchillo, segue a mesma liña cas demais con grandes progresos por parte das alumnas e con unha gran satisfacción por parte da mestra pola capacidade de aprendizaxe das súas pupilas.



Aqui podemos ver as participantes do grupo de ganchillo acompañadas da súa mestra, Manuela, ensinando unhas mostras que lles trouxo para dar ideas.

A mestra de punto de cruz, como non recibira ningunha hora do Banco de Tempo para impartir este Taller, decidiu anotarse para aprender vainica xa que está era a única actividade das impartidas neste obradoiro nas que non tiñas coñecementos.


Na costura aprenderon a coser un botón, unha cremallera, subir os baixos dun pantalón ou dunha falda asi como dar unhas puntadas soltas para manexar ben a agulla. Unha vez feito todo esto, e dado que unha das usuarias queria aprender a manexar unha máquina de coser que tiña na casa, decidiu traela para que a empregasen tódalas asistentes e asi puidesen facer máis cousas.


Nesta foto vemos a Paquita ensinando a coser un botón

E aqui temos a máquina que trouxo unha das usuarias

Por último, as ensinanzas de palillo podémolas considerar case que como un intercambio individual xa que a mestra, Lourdes, só conta cunha alumna a cal xa tiña unhas nocións básicas da materia e agora está facendo un perfeccionamento.


Estes días, próximos a despedida das usuarias, nótanse conversas entre elas que fan referencia a posibilidade de que se lle dea continuidade ó taller, para acadar un grao de perfeccionamento dos seus coñecementos. Dende o equipo de xestión do Banco de Tempo deixan esta posibilidade aberta e nas mans das mestras que serán as que teñan a última palabra.


 
 
 

CHEGOU O SEU REMATE O TALLER DE ALEMÁN BÁSICO


Desde a Axencia Municipal do Banco transmitimos moi o noso pesar o remate do Taller, adicado a adquirir nocións básicas de Alemán. Como xa anunciaramos na páxina Web o curso remata o 12 de xuño, e ese mesmo día despois do cierre faremos unha xuntaza todos os usuarios do Banco e a técnico, para facer así un balance das opinións de cada un acerca da actividade e tamén aproveitar para tomarmonos un café xuntos.


A maioría dos asistentes o curso non só se interesaron por aprender este idioma senón que ao mesmo tempo interambiaron os seus coñecementos noutras linguas, como foi no casos de José e Joana, usuarios do Banco que dominan moi ben o portugués. Tamén nos atopamos con usuarios que despois de pasar moitos anos traballando en países como Suiza dominan idiomas coma o Francés e o Italiano. Bueno estes son algúns dos exemplos que vos transmito, pero certo é que todos os usuarios que participaron nesta iniciativa aportaron cada un deles un pouquiño do seu saber.


Como podedes ver nas seguintes fotografías a xente animouse a participar e con moito interese. A mestra neste taller foi unha usuaria do Banco (Mónica), que en todo momento dou o seu agradecemento a todos pola atención prestada e polo grandísimo interese mostrado.


Para rematar dicir, que todos os participantes quedaron moi satisfeitos e ademais con ganas de seguir aprendendo.


AQUÍ VOS DEIXO AS FOTOGRAFÍAS



Axente do Banco do Tempo

Dolores Nariño Facal

 
 
 

NOVA ACTIVIDADE DO BANCO DE TEMPO DE ZAS



Non paramos no Banco de Tempo de Zas. Nesta ocasión ofrecemoslle á veciñanza a posibilidade de anotarse nunha " escola de teatro para adultos " de forma totalmente gratuita.

En caso de conseguir un grupo mínimo de persoas, sería Pablo, un dos socios da asociación xuvenil Badius de Baio o encargado de compartir o seu tempo impartindo estas clases, que terían lugar tódolos mércores ás 20:30 da tarde no auditorio de Zas.

O prazo de inscrición xa está aberto

As persoas interesadas en apuntarse poderán facelo acudindo personalmente ás oficiñas do Concello ou chamando ó número de teléfono 981.70.83.03 en horario de 9:00 a 15:00.

Tamén poderedes poñervos en contacto comigo a través da seguinte dirección de correo electrónico: bancodetempo_zas@hotmail.com.



 
 
 

Unha tarde de confianza en Laxe


Despois de máis ou menos un mes de divulgación o Banco de Tempo do Concello de Laxe conta con 8 usuarias (usuarias porque ata agora son todas mulleres que se apuntaron).

Con motivo de que estas usuarias dean o paso adiante e realicen algún intercambio, a Axente de Tempo organizou para a tarde de onte, 4 de xuño, unha tarde de confianza no Local Social de Soesto (Laxe).



Ainda que só puderon asistir mitade das participantes, a tarde de confianza foi todo un éxito. Foron duas horas e media de charla agradable en boa campaña entre cafés e pastas.


A reunión valío para destacar o que cada usuaria quería e ofrecía ó banco. Igualmente propuxeronse ideas a incluir no banco e como solucionar algunhas das demandas que xa se están a pedir.


O resultado foi a proposta dun taller de informática e mesmo un obradoiro de repuxado de cuero. Agora só queda organizar o tempo de todas para poder levar as ideas a cabo.

Informese coa Axente de Tempo

Concello de Laxe (Terceiro andar)

Cesareo Pondal 26 Laxe CP. 15117

Tel. 981 706 903 Ext.210

 
 
 

BOLETÍN DE SERVIZOS Nº1 DO BANCO DE TEMPO DE LAXE

O Banco de Tempo do Concello de Laxe está de enhoraboa xa que grazas a xente que mostrou un interese en participar no Banco - un total de oito participantes - ofrecemos noso primeiro Boletín de Servizos.



BOLETIN DE SERVIZOS Nº 1


Os usuarios e usuarias do Banco de Tempo ofreceMOS :


ü Masaxes que alivian dolor

ü Compañía para camiñar lixeiro (deporte)

ü Tardes de charla e pasatempos en compaña

ü Coñecementos para traballar unha horta / plantar

ü Coidar nenos

ü Acompañar anciáns (a pasear/ó médico/a compra/nas súas casas)

ü Mantemento básico de xardíns

ü Axudar con tarefas escolares

ü Facer recados necesarios (recoller receitas / facer compras)

ü Transportes locais (dunha parroquia á outra/ó centro de saúde/a farmacia)

ü Ensinar cociña variada

ü Arranxos básicos de costura


A cambio PEDIMOS :


ü Informática – manexar mellor o ordenador

ü Informática básica orientada a xente maior

ü Manualidades – Palillo / ganchillo / outras

ü Tardes de charla e pasatempos en compaña

ü Actividades para xente maior, que activen a memoria

ü Aprender cociña diferente / variada

ü Aprender aspectos diferentes de xardinaría

ü Perfeccionar o inglés


Si ve algo que lle poida interesar, tanto sexa para

ofrecer como para pedir, póñase en contacto

coa Axente do Tempo (981 706 903 Ext. 210)


Anímese!



 
 
 

REFLEXOTERAPIA PODAL NO BANCO DE TEMPO DE ZAS


Seguen os talleres do curso de masaxes do Banco de Tempo de Zas, nesta ocasión tratouse de reflexoterapia, ou, para que se entenda mellor, de terapia de pes.

A sesión comezou cunha explicación práctica sobre a masaxe de pernas, posto que as semanas anteriores so viramos como se masaxeaba da cintura para arriba, esto axudounos a ter unha perspectiva de como se pode dar unha masaxe integral.



Un pouco de teoría:

A reflexoterapia é unha disciplina que, mediante presións en puntos concretos das plantas dos pes, conecta con todolos nosos órganos. É dicir, todolos órganos se representan en puntos concretos do noso pe, como se se tratase dun mapa. Se o presionar nas zonas reflexas da planta do pe se experimenta dor, significa que algo vai mal nese órgano, por eso a reflexoterapia podal actúa como un bo sistema preventivo de enfermedades así como un excelente relaxante.




Así, despois de que os asistentes puxesen en práctica a masaxe de pernas comentado anteriormente (como vemos na foto), Isabel comezou a explicar de forma teórica-práctica a reflexoterapia ou reflexología podal, tocando nos pés de cada un dos asistentes os puntos relacionados con cada parte do corpo.




Unha vez máis, os asistentes, entre os que xa existen vínculos de confianza e complicidade, quedaron moi satisfeitos cas explicacións de Isabel.

O próximo taller deste curso versará sobre Reiki (ou masaxe enerxético) e, ainda que nun principio estaba pensado para este venres 5, finalmente terá lugar o venres 12 de xuño.

Pese a que co Reiki tiñamos pensado acabar este curso de masaxes, posiblemente os talleres se alonguen uns días máis, pois os asistentes están moi contentos co curso e notan que as horas se lles fixeron curtas para poder aprender todo o que lles gustaría.

 
 
 

Preguntas e respostas claras sobre o Banco de Tempo de Laxe


A raíz da xente do Concello de Laxe recibir nos seus buzóns o tríptico publicitando a nova iniciativa do Banco de Tempo no municipio, a Axente de Tempo creo un segundo folleto informativo para responder claramente as preguntas que se facían os interesados.


A continuación o folleto informativo:






Recorden que a Axente de Tempo ten o siguente Horario de Atención o Público.





 
 
Página 1 de 1. Total : 13 Artículos.