Blog dos Bancos de Tempo da Costa da Morte

Coñece que son os Bancos de Tempo e que poden facer por ti!

Julio, 2009

 

SEGUEN OS INTERCAMBIOS INDIVIDUAIS EN ZAS


Se fai unhas semanas falabamos dun intercambio individual entre 2 homes, desta vez tocanos falar de intercambios entre mulleres.

O primeiro deles tivo lugar entre unha asistente o curso de masaxes e a sogra da muller que impartiu este. Isabel, a docente do curso, pedía que alguén acompañase a súa sogra invidente a pasear, e, unha vez rematado dito curso, varios dos asistentes se ofreceron a facer este servizo, a primeira en levalo a cabo foi Verónica. Aquí a vemos paseando coa señora:


O 2º intercambio do que falaremos tamén foi a consecuencia dunha petición de Isabel, ela quería que lle ensinasen algunha noción de informática, pois non sabe andar moi ben co ordenador, por eso, outra das asistentes do curso se ofreciu a elo. Esta semana quedaron 2 días durante 2 horas para ir comezando a aprender como usar un ordenador a nivel usuario. Nestas fotos vemolas durante o 1º día do intercambio:





Como vemos, pouco a pouco, a xente vai collendo confianza entre sí e animandose a facer intercambios individuais. Ademais, os que así o están a facer mostranse moi satisfeitos. Polo tanto, agradezo a aqueles que deron o primeiro paso e animo ó resto a levalos a cabo.



 
 
 

FINALIZOU O CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS



O pasado luns 27 e martes 28 de xullo, tivo lugar, no centro sociocultural de Zas o curso de primeiros auxilios do Banco de Tempo de Zas. A él asistiron 9 persoas que se mantiveron atentas as ensinanzas da mestra, Raquel, usuaria do Banco e enfermeira de profesión.

O primeiro día adicouse a coñecer como actuar en caso de que unha persoa sufra un desmaio repentino ou quede inconsciente, ensinandonos aspectos como a posición lateral de seguridade, o masaxe cardíaco (RCP reanimación cardiopulmonar) ou a técnica do boca a boca.





O segundo día xa se referiu a aprender como actuar ante situacións máis cotiás como poden ser: queimaduras, atragantamentos, cortes ou feridas, hemorraxias ou cando se introduce un obxecto estrano nun ollo ou oído. Así como tamén nos ensinou cales eran as cousas necesarias dun botiquín e cales as innecesarias. Ó final, volvemos a repetir as pautas básicas a seguir ante unha persoa desmaiada ou inconsciente e os alumnos poideron practicar de novo a forma correcta de facer a reanimación cardiopulmonar e o boca a boca.






Os asistentes o curso quedaron moi satisfeitos coas explicacións da mestra, polo tanto só nos queda agradecer a esta o seu ofrecemento gratuito para compartir estas horas connosco
.


 
 
 

Sesión de maquillaxe en Carballo

As usuarias do Banco de Tempo de Carballo participaron nunha sesión do Obradoiro de Coidados da Pel e Maquillaxe.
Durante 3 horas, as participantes escoitaron atentamente os consellos da profesional, e tomaron nota de trucos e técnicas de maquillaxe.


Ensinóuselles a lograr unha maquillaxe discreta para o día e algo máis luminoso para a noite; así como adaptar esas técnicas e cores a cada tono de pel e forma de cara.


Tamén aprenderon a disimular imparfeccións da pel e manchas oscuras, a eliminar as odiadas olleiras e a conseguir un grosor de labios desexado.

O grao de satisfación mostrado polas participantes foi elevado, polo que pactaron intercambios individuais, entre elas, para perfeccionar as técnicas aprendidas nesta sesión.

 
 
 

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS CO BANCO DE TEMPO DE ZAS





O Banco de Tempo de Zas pon en marcha un novo curso, desta vez tratase dun curso de primeiros auxilios.

Esta actividade desenvolverase no centro sociocultural de Zas e levarase a cabo o luns 27 e o martes 28 deste mes de 20:00 a 22:00 horas.

Como todalas actividades impulsadas dende o Banco de Tempo este curso será impartido por unha usuaria do Banco e será de carácter gratuito.

A xente interesada en apuntarse so ten que chamar o teléfono do Concello: 981.70.83.03 ou acudir persoalmente as nosas oficiñas.


O prazo de inscripción pechase esta semana.

 
 
 

2ª TARDE DE CONFIANZA DO BANCO DE TEMPO DE LAXE


O pasado luns, día 13 de xullo, os usuarios e as usuarias do Banco de Tempo do Concello de Laxe xuntaronse para celebrar a súa segunda tarde de confianza.



Nesta ocasión a tarde de confianza serviu para que se conocesen as persoas que se apuntaron no último mes. A Axente de Tempo pareceulle importante a xuntanza, tendo en conta que dende a 1ª tarde de xuntanza de xuño a esta de xullo, o Banco de Tempo de Laxe aumentou de 5 usuarias a 29 usuarias e usuarios. Todo un éxito!



Entre cafés, un rico queique que nos trouxo Valentín para degustar, e boa conversa, foron un par de horas de agradable compaña.



Para informarse como participar no

Banco de Tempo de Laxe póñase en contacto coa

Axente de Tempo no teléfono 981 706 903 Ext. 210

Todo son ventaxas!!!


 
 
 

BOLETÍN DE SERVIZOS DO BANCO DE TEMPO DE ZAS


BOLETÍN DE SERVIZOS DO MES DE XULLO :

SERVIZOS OFERTADOS:

  • Conversa en francés, inglés ou portugués.
  • Axuda cas tarefas escolares.
  • Axuda ca limpeza.
  • Iniciación á informática.
  • Clases de buzeo.
  • Axuda para facela compra.
  • Coidado puntual de nenos e nenas ou maiores.
  • Ensinar a facer masaxes.
  • Ensinar debuxo técnico.
  • Acompañar ou falar cun maior.
  • Acompañar ao médico.
  • Acompañar a navegar.
  • Reformas puntuais de carpintería, cerrallería ou electricidade.
  • Axuda para facer recados.
  • Desprazamentos puntuais en coche.
  • Ensinar a calcetar.
  • Ensinar a palillar.
  • Ensinar a facer unha horta ou xardín.
  • Teatro.
  • Dar masaxes.
  • Ensinar primeiros auxilios.
  • Ensinar coidado bucal para nenos.
  • Axudas de índole administrativa: redacción de textos legais ou administrativos, normalización lingüística: tradución de textos ó galego, axuda na creación do currículum vitae, levar documentación e presentala nunha oficina pública, axuda para cubrir impresos a ordenador, orientación laboral.



SERVIZOS DEMANDADOS:

  • Acompañamento de persoas maiores para pasear.
  • Ensinar como se fai unha horta ou xardín.
  • Nocións básicas de informática.
  • Compañía para xogar as cartas ou o xadrez.
  • Aprender a dar masaxes.
  • Teatro.



 
 
 

2ª REUNIÓN DA ESCOLA DE TEATRO



O pasado sábado 4 de xullo tivo lugar a segunda reunión da escola de teatro para adultos impulsada polo Banco de Tempo de Zas. Nesta ocasión acudiron todalas persoas apuntadas na iniciativa, polo que se puderon coñecer mellor e ir collendo confianza entre elas.

Neste segundo día os alumnos comezaron a barallar xunto co profesor algunhas obras para poder representalas a finais de ano. Comezan forte estos aprendices, pois nas seguintes sesións xa comezarán a practicar algunha que outra escea.

Ainda que ata agora a actividade se estivo a facer no auditorio de Zas, as próximas sesións e ata outubro realizaranse no auditorio de Baio, pois este quedalle máis cómodo aos asistentes. Ainda así as clases seguirán sendo as 12:00.


 
 
 

Comenza o Obradoiro de Informática en Laxe

O Banco de Tempo organiza un Obradoiro de Informática.


O pasado venres, día 26 de xuño, comenzou o Obradoiro de Informática organizado polo Banco de Tempo do Concello de Laxe.




En principio o Obradoiro de Informática consta de 4 sesións que se están impartindo na Axencia Lectura da Torre.


Durante o obradoiro as persoas que participan aprenderan a manexar o ordenador para poder escribir, modificar e gardar textos en Microsoft Word, e logo abrir Internet para buscar información que lles interese.


Este Obradoiro de Informática de Nivel Básico está dirixido a maiores sen coñecementos algúns.


Como todas as actividades do Banco de Tempo, as clases deste Obradoiro son impartidas por unha usuaria do Banco que ofrece o seu tempo e os seus coñecementos na materia a cambio doutros servizos ou coñecementos que ofrecen outros usuarios do Banco.



Para máis información sobre éste obradoiro ou outras actividades que organiza o Banco de Tempo do Concello de Laxe, póñanse en contacto coa Axente de Tempo no teléfono 981 706 903 Ext.210

 
 
 

REMATOU O CURSO DE MASAXES


O venres pasado rematou o curso de masaxes do Banco de Tempo de Zas. Desta volta a sesión impartiuse na casa de Isabel, así non había restriccións temporais, polo que os asistentes puderon ver os temas que quedaran sen dar en sesións anteriores disfrutando dun clima moi acolledor.

En primeiro lugar todos pasaron pola camilla podendo disfrutar dunha masaxe integral.


Despois chegou o turno das arcillas e a aromaterapia:



E ata tiveron a oportunidade de probar distintos aparatos de masaxe cos que conta Isabel na súa casa, aínda que deso non temos foto.

Despois de varias semanas compartindo experiencias, este intercambio grupal chega o seu fin. So queda darlles as gracias a todos os que participaron del acudindo con regularidade a cada sesión, e por suposto a Isabel, que fixo posible este intercambio de coñecementos tan enriquecedor para todos.

Aquí unha foto dalgúns dos que participaron neste intercambio

 
 
 

COMEZA A ESCOLA DE TEATRO




O pasado sábado comezou a escola de teatro do Banco de Tempo de Zas. Foi Pablo, do grupo Badius de Baio, máis coñecido como Pibe, o encargado de compartir o seu tempo co resto dos usuarios do noso banco.

Posto que ese día non poideron asistir todolos participantes apuntados nesta iniciativa, a primeira sesión adicouse a coñecer os que sí estaban e a ver algunhas das obras que poderán comezar a practicar grazas as ensinanzas do profesor. Este sábado reunirase o grupo completo e poderase empezar a concretar detalles para intercambiar coñecementos sobre o arte da escea.

Ainda que nun principio as clases estaban pensadas para os mércores ás 20:00, debido a dispoñibilidade da xente que se anotou, a partir de agora, terán lugar todolos sábados as 12:00 no auditorio de Zas.


 
 
 

Estatísticas e conclusións finais do Banco de Tempo de Vimianzo


A continuación mostramos un documento no que se recollen os resultados acadados despois da aplicación, durante nove meses, da medida de conciliación Banco Municipal de Tempo do Concello de Vimianzo.

Documento resumo

Gracias a todos e todas pola vosa colaboración!!!

LAURA CASTIÑEIRA VILARIÑO
Axente de Tempo do Concello de Vimianzo
 
 
Página 1 de 1. Total : 11 Artículos.