Blog dos Bancos de Tempo da Costa da Morte

Coñece que son os Bancos de Tempo e que poden facer por ti!

Agosto, 2009

 

XUNTANZA DE AXENTES DE TEMPO EN ZAS





Hoxe, luns 27 de Xullo de 2009, as axentes de tempo de Carballo e Laxe, acudiron a sede do Banco de Tempo de Zas convocadas pola responsable deste último, para a posta en común do estado actual do proxecto nos distintos concellos.

Trataronse os seguintes puntos:
  • Balance de resultados previstos e obtidos.
  • Futuro do blog.
  • Continuidade dos bancos de tempo.

En xeral, os resultados foron mellores do que nun inicio se esperaba. Posto que, neste momento Carballo conta con 36 usuarios , Laxe con 32 e Zas con 20 que están participando activamente nesta iniciativa. Cabe destacar que os intercambios grupais tiveron máis éxito cos individuais, pois foron os máis demandados. Sen embargo, a través dos intercambios grupais crearonse vínculos entre os participantes, o que facilitou que surxiran posteriormente intercambios individuais, como por exemplo, en Laxe: conversas en inglés, en Carballo: desprazamentos en coche e en Zas: acompañamento a persoas maiores para pasear, entre outros.

O grao de satisfacción mostrado polos participantes foi alto dado que a xente se segue inscribindo e o número de ofertas e demandas segue medrando.

En canto ao futuro do blog, recordamos que este segue sendo un punto de referencia para a xente inscrita en cada un dos bancos, deixandoo aberto aos seus comentarios.

Ainda que nun inicio 11 concellos eran os que se reunían periodicamente, nesta ocasión só tres se xuntaron, debido a que nos concellos restantes o Banco de Tempo está a espera de coñecece-la súa continuidade. O mesmo ocurrirá con este proxecto nos outros concellos en breve.

 
 
 

XUNTANZA DOS BANCOS DE TEMPO DA COSTA DA MORTE


Co fin de realizar unha primeira valoración conxunta, sobre a posta en marcha e o funcionamento dos Bancos de Tempo da Costa da Morte, reunimonos o 1 de Xuño na capital de Bergantiños as axentes de tempo de: Cabana, Carballo, Cee, Corcubión, Laxe, Vimianzo e Zas.


Tras unha mesa de debate, repasando a situación específica de cada banco, sacamos unhas conclusións xerais sobre o estado actual deste proxecto na Costa da Morte.


Como calquera outra iniciativa que se pon en marcha, atopamos polo camiño algunhas dificultades, sendo a máis destacable a desconfianza por parte da veciñanza dos distintos municipios que se acolleron a este proxecto.


Pero tamén debemos dicir que, malia que consideramos que os Bancos de Tempo son unha medida de conciliación municipal relativamente ambiciosa, durante estes meses comprobamos que son moitos os resultados positivos acadados:

  • Creación de vínculos sociais e interrelación persoal entre usuarios e usuarias.
  • Novas aprendizaxes, froito de intercambios individuais e grupais: cociña, ortografía, bricolaxe, estética, estiramentos, masaxes, abalorios, elaboración de alfombras, confección de bolsos, artesanía textil...
  • Satisfacción por parte das persoas que participaron nas actividades.
  • Posible crecemento persoal e fortalecemento da autoestima dos usuarios e usuarias.
  • Relacións interxeneracionais: intercambio de coñecementos entre xente de distintas xeracións.
  • Conseguiuse a colaboración e implicación dalgunhas asociacións neste proxecto.

Facendo un balance final, podemos dicir que a maioría dos obxectivos plantexados inicialmente foron acadados e polo tanto, en xeral estamos satisfeitas co traballo realizado.


Para concluir, gustaríanos dar o noso agradecemento a todolos veciños e veciñas que participan activamente no funcionamento de cada un dos nosos Bancos de Tempo.





 
 
 

BALANCE DO BANCO DE TEMPO DE ZAS


Trala implantación durante 9 meses do Banco de Tempo de Zas, acadaronse os seguintes resultados:

- Nº de persoas adscritas : o Banco de Tempo conta neste momento con 23 persoas adscritas, cuia media de idade ronda os 38 anos. Deles:
  • Mulleres: 15.
  • Homes: 9
- Tipo de intercambios : grupais e individuais.

  • Curso de masaxes: con 12 asistentes.
  • Escola de teatro para adultos: 9 participantes.
  • Curso de primeiros auxilios: 9 asistentes.
  • Intercambio de coñecementos sobre o coidado da horta.
  • Acompañar a unha persoa maior a pasear.
  • Ensinar nocións básicas de informática.
  • Axuda cas tarefas do banco de tempo.

- Nº total de intercambios :

  • Grupais: 12
  • Individuais: 7

- Nº de horas totais intercambiadas : 27

Moitas grazas a todos aqueles que están participando de forma activa neste proxecto!

 
 
 

REUNIÓN DE USUARIOS DO BDT DE ZAS


O pasado venres, tivo lugar en Zas unha reunión de usuarios do Banco de Tempo. Ainda que nestes momentos o banco conta con 23 usuarios, a dita reunión acudiron e metade deles.

O obxectivo desta xuntanza era que a xente apuntada o banco se coñecese entre si, e, para elo, xuntouse as persoas por parexas para que fosen falando e preguntandose cousas como: nome, lugar de residencia, porque se apuntaran o banco e que servizos ofrecían e cales demandaban, para, posteriormente, cada un presentar a súa parexa ó resto da clase.



A xuntanza foi todo un éxito pois todos mostraron interés en coñecerse entre sí e estiveron case unha hora falando entre eles. O final da reunión, pola participación activa de todos eles no banco, ofreceronselle uns pinchos durante os cales poideron seguir conversando e creando lazos de confianza.




So darlle as grazas a todos eles por implicarse tanto neste proxecto e animalos a que sigan colaborando como ata agora .

 
 
Página 1 de 1. Total : 4 Artículos.